Sae a información pública a revisión da autorización da planta de produtos lácteos de Oviganic Ibérica, S.L en Monforte de Lemos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio de información pública da documentación de revisión da autorización ambiental integrada da planta de elaboración de produtos lácteos que Oviganic Iberia S.L. posúe no Concello de Monforte de Lemos, en Lugo.

A revisión da autorización ambiental integrada permanecerá exposta durante 20 días para que os interesados e afectados poidan presentar as alegacións que consideren oportunas.

A documentación está a disposición do público na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático de San Lázaro e na web da Consellería de Medio Ambiente, no apartado Medio Ambiente e Sostenibilidade.