O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, asistiu esta mañá en Bande á presentación do anteproxecto do futuro central termal deste concello, gañador do proxecto convocado polo Concello coa colaboración da Deputación e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Rosendo Fernández estivo acompañado na presentación pola alcaldesa, Sandra Quintas; e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández.