A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acordou a prerrogativa á hostalaría local para manter as terrazas nos seus emprazamentos actuais co fin de paliar os complexos momentos económicos que atravesa o sector da hostalaría debido ao incremento da inflación.
Unha medida que terá carácter extraordinario e temporal, mentres non entra en vigor a nova Ordenanza municipal que regulará a homoxeneización destas instalacións e que, en todo caso, estará suxeita ao estrito cumprimento das limitacións espaciais que garantan a accesibilidade nas rúas.