Pilar García Porto pon en valor en Antas de Ulla o turismo cultural e patrimonial na presentación do 6º número de Cairón

 

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado en Antas de Ulla na presentación do sexto número de Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns, unha publicación que sae á luz anualmente dedicada ao estudo e a promoción cultural sobre a comarca da Ulloa. A igrexa románica de San Xoán foi o escenario de luxo para presentar este novo exemplar que recolle valiosos artigos de investigación de preto dunha decena de autores, entre eles o poeta Xosé Luis Santiso e a historiadora Susana Varela Negro, que estiveron presentes no acto xunto ao director de Cairón, Daniel Salgado, e a representante da directiva do instituto, Hilda García Cabanas.