Os Bonos Corazón xeraron case 4 millóns de euros para o pequeno comercio, a hostalaría e o Mercado de Abastos de Santiago
A campaña Bonos de Corazón, aberta o pasado 8 de novembro e que permaneceu activa o 31 de decembro, 19.537 persoas adquiriron un total de 44.153 bonos que logo empregaron no comercio e hostalería de Santiago de Compostela. O balance final reflicte que o programa xerou un importe total en compras por valor de 3.942.113,73 euros, dos que se beneficiaron os 567 establecementos de Santiago adheridos ao programa: 484 comercios e 83 negocios de hostalería.
O programa de "Bonos Corazón Compostela" naceu cunha dobre finalidade. Por unha banda búscase incentivar a demanda axudando economicamente ás persoas consumidoras, fomentando o consumo no comercio e na hostalería de Santiago; e por outra, impulsar e fortalecer o sector comercial dinamizando a súa actividade económica.