“Orixe Rías Baixas”, a potente campaña promocional da Deputación de Pontevedra en FITUR


"Orixe Rías Baixas. Un ano e mil ocasións para celebrar a provincia de Pontevedra”. Con este lema, a Deputación dá o tiro de saída á súa presenza na Feira Internacional de Turismo, Fitur, que terá lugar entre o 18 e o 22 de xaneiro no recinto madrileño de IFEMA. A presidenta Carmela Silva vén de anunciar unha “potente” programación que abrangue o lanzamento da campaña promocional coa que a institución “volverá sorprender amosando o orgullo de pertencer a unha terra na que vivir experiencias, culturas e tradicións únicas”.