O Restaurante Habana 83 de Ourense pecha as súas portas logo de 30 anos de exitosa traxectoria

 

O Restaurante Habana 83, un referente da hostalaría local, pechou as súas portas o pasado 31 de decembro, logo de 30 anos de exitosa traxectoria. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Comercio, Antonio Fernández, recibiron no salón de plenos o equipo encabezado por Antonio Simoes, propietario do restaurante, e o seu socio, Antonio González, acompañados de todo o staff do local, no que traballaban 10 persoas.

Antonio Simoes agradeceu a recepción no Concello e destacou o traballo realizado polo persoal todos estes anos no local, que sempre conservou a mesma localización, nome e xerencia. E, moi especialmente, quixo expresar o seu agradecemento “á xente de Ourense, que nos quere, e agora vemos o cariño que nos demostran todos, que é o máis importante que podemos ter”.