O Museo de Pontevedra, unha auténtica "xoia"

 

Os distintivos ‘Q’ de calidade e o ‘S’ de sustentabilidade turística acadados polo Museo de Pontevedra xa están en Pontevedra e na tarde de hoxe foron o centro dunha celebración conxunta que compartiron representantes da propia institución, da Deputación, do Concello capitalino e da cidadanía nun acto que puxo de relevo que o Museo “é unha auténtica xoia” que debe ser aínda máis coñecida polo gran público.

O evento, dirixido pola xornalista Susana Pedreira e coa ambientación musical do dúo Mallou, tivo a participación da presidenta Carmela Silva, o  vicepresidente César Mosquera, o director do Museo Xosé Manuel Rey, xunto ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, que coincidiron ao destacar a categoría do Museo como o de máis interese de todo o país e un dos máis relevantes a nivel estatal.