A dirección do hotel Bela Fisterra fixo entrega este martes 17 de xaneiro á Fundación Camilo José Cela da ilustración orixinal que se atopa na habitación BOJ dedicada ao autor, coincidindo co aniversario do seu pasamento.
A ilustración, xunto co texto, un código QR e unha caricatura, tamén orixinal, foron deseñadas por Teiga Studio e formarán parte dos arquivos da Fundación.
Bela Fisterra é o primeiro hotel Literario de Galicia. Está dedicado ás grandes obras da Literatura Universal do Mar.
Non podía faltar, mirando ao mar, Madera de Boj. Obra escrita polo Nobel na mesma praia onde se atopa o hotel, a praia da Langosteira, onde o literato ten un busto e unha corredoira co seu nome.
Este acto súmase ao evento que a Fundación ten programado para ese dia, xunto cunha ofrenda floral.
Os alumnos dos institutos de Padrón súmanse á homenaxe e lerán a obra A familia de Pascual Duarte.