O enoturismo e a innovación, principais liñas de traballo de Viña Costeira este ano

 

O presidente da Adega Viña Costeira, Andrés Rodríguez, avanzou nunca visita dos representantes da Deputación de Ourense as principais liñas de traballo da cooperativa para 2023: o enoturismo e a innovación. No ámbito do turismo enolóxico explicou que máis de 50.000 persoas desfrutaron xa das visitas guiadas tanto á adega como, recentemente, ao Pazo de Toubes. Unha actividade, dixo, "que mostra como o mundo do viño está vinculado a esta terra desde hai séculos e na que seguiremos incidindo con novas iniciativas".

Tamén detallou o presidente de Viña Costeira os proxectos de innovación nos que traballan para procurar o uso de menos recursos en agricultura; a predición de enfermidades no viñedo; ou a fertilización sostible, "todos eles buscando a mellora das técnicas de cultivo para os socios".