O Ecomuseo do Forno do Forte de Buño en 2023 recibe unha achega de 70.000 euros

 

O Concello de Malpica de Bergantiños seguirá promovendo actividades culturais para dinamizar a tradición oleira nas instalacións do Ecomuseo do Forno do Forte de Buño, grazas á renovación do convenio que mantén nos últimos anos coa Deputación da Coruña. O responsable de Patrimonio, Xosé Lois Penas, e o alcalde malpicán, Eduardo Parga, veñen de asinar o acordo, para o que a institución reservará 70.000 euros dos seus orzamentos de 2023.

Ao igual que nos acordos de anos precedentes, o Concello de Malpica de Bergantiños comprometeuse a encargarse da organización das visitas e das actividades, así como da conservación e mantemento das instalacións do Forno do Forte. Do mesmo xeito, deberán fomentar o estudo e a investigación sobre a olería local en colaboración coas agrupacións e asociacións culturais vinculadas á zona.