O Concello oferta 27 espectáculos no “programa máis ambicioso de Vigocultura” para o primeiro semestre de 2023
“É o programa máis ambicioso de Concello Vigocultura, o máis importante que se fixo nunca. Confiamos en seguir incrementando o número de espectadores con esta gran oferta, ocupando o espazo tan importante da cultura” na cidade, explicou Abel Caballero ao debullar parte dos 27 espectáculos que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e abril.
Tal e como sinalou, a programación é para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Unha proposta municipal que nos últimos anos “estamos consolidando como referente nas artes escénicas de Galicia. Estamos moi satisfeitos” cos resultados, engadiu, xa que Vigocultura sumou 20.000 espectadores no ano 2022.