A fortaleza de O Castro segue a súa recuperación co proxecto de musealización que reabrirá os túneles e recreará a batalla naval de 1719. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a tenente de alcalde, Carmela Silva, achegáronse ao inicio das obras da recuperación da fortaleza co obxectivo “de recuperar a historia”.
A obra supón un investimento de 1.100.000 euros dos fondos do Goberno de España, concretamente do Ministerio de Industria Comercio e Turismo, que asignou a Vigo pola súa capacidade turística. Caballero cualificou a obra de “moi importante” e agradeceu ao Goberno de España o financiamento para o patrimonio histórico de Vigo.