O Concello de Ourense comeza de maneira inmediata a reparar os espazos termais municipais e prevé abrilos no mes de febreiro
O Concello de Ourense comeza a reparación dos espazos termais municipais e prevé abrir o día 1 de febreiro Outariz, e o 15 do mesmo mes as Termas do Muíño e a Chavasqueira.
Estes traballos, que comezarán de maneira inmediata, contemplan diversas actuacións para arranxar os danos causados pola crecida do río Miño. En palabras do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, “este é o alto prezo que estamos a pagar por haber planificado ter as termas en zonas inundables”.