O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, destacou que as cifras de pasaxeiros que se subiron e baixaron do tren na estación de Santiago son históricas, "nun ano de récords". Lembrou que no 2022 "bateuse o récord de ocupación hoteleira, de estadías turísticas, e tamén no social, aínda que en parte como efecto da reactivación económica, xerouse emprego conseguindo os datos de paro máis baixos desde o 2004".
Foron, a falta de ser contabilizado decembro, 2.778.996 os viaxeiros que rexistrou a estación de tren de Santiago, 100 mil máis que en todo o 2019 e, practicamente duplicando as cifras do 2020 e 2021. Algo que, segundo o alcalde, "permite reforzar a posición central que ocupa a nosa estación en Galicia". Sánchez Bugallo ademais, ratificou que estes datos "respaldan a nosa proposta para a ampliación do aparcadoiro da estación".