O alcalde de San Cristóbal de la Laguna preside a primeira Asemblea das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade en FITUR
O GCPHE celebrará hoxe, no marco de FITUR, a súa Asemblea de alcaldes e alcaldesas e presentará os plans de acción que se desenvolverán este ano con Turespaña e Paradores. O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participará na xuntanza e asistirá o resto dos actos en axenda en representación do Concello de Santiago.
O Grupo de Cidades Patrimonio volverá estar presente en FITUR, que será o marco no que se celebrará a primeira Asemblea xeral do Grupo presidida polo alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luis Yeray Gutiérrez, mañá, venres 20 de xaneiro. Nesta cita impulsarase o calendario de accións promocionais do ano e o orzamento do Grupo para o 2023. A axenda inclúe a firma dun convenio coa Asociación de Cidades Patrimonio Mundial Mexicanas.
O stand de Turespaña acollerá ás 13 horas a presentación do Plan de acción conxunto entre o Grupo e Turespaña para 2023, que contará coa presenza da ministra de Turismo.
A continuación, o presidente do Grupo e o presidente de Paradores, Pedro Saura, presentarán o Plan de acción conxunto no stand de Paradores (13.30 h).