A Deputación de Lugo presentará a nova campaña de turismo da institución provincial, Lugo, provincia románica, o vindeiro xoves 19 de xaneiro no stand de Turismo de Galicia na Feira Internacional de Turismo (Fitur), que se celebrará en Madrid a videira semana. Unha campaña protagonizada polo actor Chechu Salgado, natural de Sober e que foi distinguido co Goya ao Mellor Actor Revelación no 2022.
O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, será o encargado de dar a coñecer as novidades desta campaña promocional nun acto no que tamén participará Chechu Salgado. Con esta campaña darase a coñecer a aposta por un turismo cultural e paisaxístico, poñendo o foco no patrimonio como reclamo para os visitantes.