Increméntanse os voos entre A Coruña e Madrid na temporada de verán para fomentar o turismo


A alcaldesa, Inés Rey, anunciou en Fitur o incremento do número de frecuencias dos voos entre A Coruña e Madrid para fomentar o turismo durante este 2023. Grazas a un acordo coa compañía Iberia, a partir do 25 de marzo haberá un maior número de voos semanais que no verán de 2019. En concreto, programáronse de abril a outubro deste ano unha media de 30 voos semanais, chegando a 31 frecuencias á semana nos meses de xuño, xullo e setembro. Isto supón hasta un total de seis voos diarios, que cubren todas as franxas horarias. O acordo tamén inclúe diferentes accións para promocionar a cidade como destino turístico. Inés Rey lembrou que neste 2023, por primeira vez na súa historia, A Coruña disporá de cinco conexións internacionais: Londres, París, Milán, Xenebra e Amsterdam.