Hostaleiros e comerciantes organizan un acto para recoñecer o labor do Concello de Vigo na campaña do Nadal

 

O alcalde avanzou esta onte que esta mesma semana o Concello recibirá un recoñecemento por parte do sector da hostalaría e do comercio pola súa labor na campaña do Nadal. Caballero, quen cualificou de “colosal” o período navideño, anunciou a súa presenza no acto e agradeceulles esta homenaxe por un traballo que “foi exclusivo do Concello e da cidade”. En rolda de prensa, explicou que recibiu mensaxes de gratitude de hostaleiros e comerciantes doutros territorios dado que o efecto do Nadal de Vigo chegou aos seus negocios. Concretamente, referiuse a lugares como O Morrazo, o Grove ou localidades da Área Metropolitana.