Gran acollida da estrea en FITUR da curta Amor Viaxeiro

 

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou coa Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, na estrea en Fitur de Amor Viaxeiro, unha curtametraxe realizada polo alumnado do Centro de Formación Audiovisual da institución provincial de Lugo que resultou premiada por  Netflix e Turespaña no concurso Cómo dirías que es España sin decirlo. 

O traballo audiovisual foi gabado pola propia Ministra e tivo unha gran acollida entre o público asistente á súa proxección, sendo unha das pezas que máis aplausos recibiu durante o acto, no que tamén se estrearon as outras catro curtas galardoadas no certame de ámbito nacional, seleccionadas de entre as 40 candidaturas presentadas.