As tropas romanas e castrexas de Lugo conquistaron Madrid

 

As tropas romanas e castrexas de Lugo conquistaron este sábado a capital de España. Unha comitiva, formada por preto de 150 integrantes das asociacións do Arde Lvcvs e presidida pola alcaldesa, Lara Méndez, percorreou as rúas máis céntricas de Madrid para dar a coñecer e multiplicar a difusión desta cita de recreación histórica que celebrará, do 22 ao 25 de xuño, a súa vixésimo segunda edición.

No desfile, que forma parte da campaña de promoción turística de Lugo en FITUR, participaron membros de 12 asociacións do Arde Lucus, en concreto de: Cohors III lucensium, Lucus Equites, Salesianos Lucus Augusti, Lucus Icenas Miliatore, Senatus Lucus Augusti, Asemblearias de Lucus Augusti, Mercenarios Galaicos, Kertix, Ara Roma, Guardia Pretoriana, Lugdunum, e Trebas Galaicas.