Abel Caballero: “Vigo é a cidade co turismo máis desestacionalizado de España, contámos cunha inmensa afluencia en verán e inverno”

O alcalde agradeceu a homenaxe rendida polo sector hosteleiro e comercial da cidade e da provincia ao Concello de Vigo polo éxito do Nadal. Caballero destacou que no acto “reuniuse o o sector que vertebra o Nadal de Vigo. Son a cara visible, fan que a xente que nos visite goce e sexa inmensamente feliz”. O rexedor agradeceulles que realizasen este recoñecemento de forma pública e reivindicou que o éxito do Nadal “é exclusivamente deste Concello e da cidade de Vigo”. Ademais, destacou que o Nadal é “o feito turístico máis importante de toda Galicia”.

O rexedor enfatizou que no período de Nadal “superamos amplamente os 3 millóns de visitantes”, destacando a gran afluencia de visitantes de Portugal este ano, pero apuntando que a próxima edición “será mellor que esta e bateremos os nosos propios récords”. Para rematar, Abel Caballero quixo destacar que en Vigo tamén tivemos “un verán excepcional”.