Abel Caballero: “Vigo alcanza o nivel de turistas máis importante da historia dun mes de decembro”

 

Os datos do instituto Nacional de Estadística confirman o Nadal de Vigo como unha potencia turística, situando a Vigo como a primeira cidade de Galicia. O Ministerio de Transportes, mediante seguimento de sinais móbiles, situou en máis de 47.000 os visitantes diarios a cidade. O alcalde, Abel Caballero, manifestou que Vigo alcanzou o nivel de turistas máis importante da historia nun mes de decembro.