A ocupación media en establecementos hoteleiros de Pontevedra superou o 66% entre o 24 de decembro e o 8 de xaneiro, segundo os cálculos da Deputación de Pontevedra. As cifras duplican os datos turísticos do ano anterior, polo que a presidenta da institución, Carmela Silva, manifestou que as cifras "non poden ser mellores" e cualificou de "estratosféricos" os resultados.
“O noso obxectivo, cando comezamos a gobernar na Deputación - fará en agosto 8 anos-, era desestacionalizar o turismo e hoxe podemos afirmar que o temos conseguido, que temos visitantes ao longo de todo o ano e que os datos son mellores ano tras ano”, manifestou Carmela Silva. “Acadar unha media do 66% no Nadal na provincia é unha cifra moi importante, non podemos esquecer que antes era unha época na que se pechaban moitos establecementos”, indicou.