Promoción para “Fragas do Eume” en Fitur coa mirada posta no turista consciente e responsable

 

Utilizar a singularidade medioambiental das Fragas do Eume como motor dunha estratexia turística para os cinco concellos da comarca -As Pontes, Cabanas, Monfero, Pontedeume e A Capela- é un dos principais obxectivos do Plan de Sustentabilidade Turística en Destino 'As Fragas do Eume'. Este proxecto, que foi presentado pola Deputación da Coruña en Fitur, bota a andar co reto de poñer en marcha "iniciativas que equilibren os fluxos turísticos coa necesaria protección dun entorno tan sensible como é a propia Fraga". Así o explicou o vicepresidente da institución provincial, Xosé Regueira, quen estivo acompañado na presentación pola delegada da Xunta en Ferrolterra, Martina Aneiros, polo tenente de alcalde de Cabanas, Iago Varela, pola concelleira de Turismo de Pontedeume, Yolanda Vázquez, e pola concelleira de Turismo de As Pontes, Elena López