A Deputación colabora coa Asociación Burelafloral para financiar a alfombra floral elaborada nas patronais

 

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración co presidente da Asociación Cultural Burelafloral, Martín Soto Lestao, para financiar os gastos derivados da organización e confección da alfombra floral, un dos grandes atractivos das festas patronais de Burela, que se celebran a primeira fin de semana de xuño na honra á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros.

José Tomé Roca agradeceu ao presidente do colectivo o traballo por manter viva esta tradición lonxeva “que converte un dos actos máis fervorosos e populares destes festexos nun gran atractivo para a Mariña, recibindo estes días a centos de visitantes e fieis que queren ver a procesión da Virxe sobre este xigante manto floral”. Desta forma, colaborando con este tipo de iniciativas, dende a institución provincial “estamos promovendo a imaxe turística da provincia cara ao exterior, e contribuíndo a xerar riqueza a través da nosa cultura e das nosas tradicións”, explicou.