A Axencia de Turismo de Galicia oferta dúas bolsas de formación

O Consello da Xunta aprobou na súa última reunoón a resolución en que se establecen as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá a convocatoria de dúas bolsas de formación práctica especializada na Área de estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística, e a súa convocatoria para os anos 2023 a 2025. A resolución establece dúas categorías para a realización das bolsas de formación, unha bolsa relacionada co ámbito da ciencia de datos e outra relacionada co ámbito da comunicación de datos turísticos.