A alcaldesa convida en Fitur a Vivir Lugo da man da evolución gastronómica que experimentou a cidade

 

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convidou onte en Fitur a gozar da potencialidade turística que ten a provincia e, nominativamente, o municipio lucense a través da súa gastronomía.

A rexedora participou na presentación dunha nova edición da guía ‘…E para comer, Lugo’, promovida pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl).

Méndez puxo en valor a excelencia do traballo que realiza este sector, “que ten unha pegada moi importante no PIB provincial e desenvolve, por tanto, un valioso papel como dinamizador económico” ao que atribuíu unha “destacada traxectoria durante máis de 50 anos, recoñecida en todo o territorio nacional polo gran sabor de boca que sempre deixa”.