Unha agrupación transfronteiriza entre Ourense e Portugal xerará proxectos e captará fondos europeos para a "Raia Seca" e o Gerês-Xurés
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, representou á institución provincial nesta cita transfronteriza, unha colaboración que aspira a ser un exemplo de cooperación institucional para toda Europa. Baltar destacou a importancia que que un futuro acordo terá para o termalismo, un recurso turístico característico da provincia de Ourense e do norte de Portugal. Será ratificado pola Deputación de Ourense, o campus de Ourense e o Goberno portugués para que o "turismo transfronterizo teña un papel máis relevante".
A cooperación entre institucións permite que nestes intres se estuden distintas propostas para a promoción do patrimonio natural e cultural das zonas comús, así como o desenvolvemento sustentable do espazo, incluída a transformación destas áreas en lugares atractivos para vivir, traballar, investir ou visitar".