Turismo Rías Baixas reabre as súas portas tras as actuacións de mellora de accesibilidade e transformación dixital

 

A provincia de Pontevedra conta cun novo recurso turístico tras as actuacións da Deputación na sede de Turismo Rías Baixas. Acometéronse tarefas de mellora de accesibilidade e transformación dixital, que fan do palacete un novo recurso turístico moi relacionado co legado histórico do inmoble e cun especial protagonismo das que foron as súas últimas moradoras e propietarias, representantes da alta burguesía da sociedade da cidade de Pontevedra de comezos do século XX: as irmás Mendoza. Todo iso grazas ao emprego de tecnoloxías punteiras como realidade virtual, hologramas ou unha sala inmersiva no marco do programa “Tourist Inside”. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, fixo un percorrido por todas as novidades do Palacete das Mendoza tras as ambiciosas obras, valoradas en arredor de 350.000 euros.