Román Rodríguez repasa as tres candidaturas galegas a Patrimonio da Humanidade co embaixador de España na Unesco
O embaixador de España na Unesco, José Manuel Rodríguez Uribes, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, mantiveron un encontro para repasar o estado das candidaturas galegas a Patrimonio da Humanidade. Os expedientes de Ribeira Sacra, Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas e Cidade de Ferrol. Porto da Ilustración foron obxecto dunha análise no marco do 17 Comité Intergubernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial, celebrado en Rabat.
"Mantemos un compromiso firme coas tres candidaturas e cremos no seu potencial para acadar o máximo recoñecemento da Unesco", manifestou Román Rodríguez.