Pontevedra pretende afianzarse en 2023 como Capital Gastro cun amplo programa de actividades

A Concellería de Promoción Económica e Turismo de Pontevedram, dirixida por Yoya Blanco, deu a coñecer algús dos seus obxectivos para o ano 2023, no que se pretende situar á cidade como un referente nacional do turismo gastronómico. Trátase de afianzar Pontevedra como Capital Gastro, unha finalidade que se acadará con diversas activdades gastronómicas e institucionais programadas de xeito mensual durante o vindeiro ano.
O inverno gastronómico adicarase á gastronomía socialmente responsable; a primaveira á gastronomía sostible; o verán á dieta atlántica; e o outono á innovación e gastronomía. Pontevedra pasará a contar, ademáis, cunha sede física Gastro no Gastroespazo do Mercado de Abastos, que albergará a maioría das actividades programadas. Tamén haberá proxectos de periodicidade mensual, como experiencias con selo de calidade, guía de produtos de tempada, M2 (música e marisco) e De feira en feira, que levará a Pontevedra ás principais feiras nacionais e internacionais de turismo.
Para promover as iniciativas gastronómicas, o Concello conta cos cartos dos fondos europeos NextGeneration, que lle permiten a posta en marcha de todas estas citas gastronómicas.