As xornadas de conmemoración do XXV aniversario de Craega (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia) tituladas "Craega: 25 anos medrando co sector ecolóxico galego" reforzaron a idea de que o sector eco "ten futuro si ou si".
Distintos ponentes disertaron sobre a situación actual do sector e o camiño que está a percorrer Galicia para chegar aos datos da axenda comunitaria europea. Os ponentes das xornadas fixeron fincapé en que o incremento galego neste eido foi dun 127% na última década, que España foi un país pioneiro nas certificacións ecolóxicas, que o gasto per cápita nestes produtos é de 60 euros na actualidade e outros datos de interese.