O termalismo ourensán tivo o seu lugar no VI Cumio Europeo da Industria do Turismo de Saúde, celebrado en Bruxelas. O presidente da Deputación e presidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais, Manuel Baltar, estivo presente nunha cita que reuniu no Parlamento a representantes públicos e expertos, e que durante máis dun lustro vén congregando a organizacións, representantes públicos e profesionais do turismo termal, médicos e do benestar. Dende o ano 2021 a cita reforza a Europa como destino de saúde e permite amosar as iniciativas que se están a realizar dende os distintos lugares termais.
Manuel Baltar, tamén representante das provincias europeas como presidente de Parternalia, a asociación europea de gobernos provinciais intermedios, puxo en valor a importancia do termalismo en ourense tras a pandemia do Covid, un momento no que as institucións comunitarias teñen claros os vencellos entre a saúde e o turismo.