O novo Mapa Turístico da Costa da Morte pode ser descargado na web da CMAT visitacostadamorte, na pestana: CMAT/Descarga as nosas guías. Costa da Morte Asociación Turística, poñendo en execución o convenio firmado con Turismo de Galicia, traballou cos 17 concellos que integran o territorio (Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas) e coa Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) no deseño e elaboración do mapa. Adaptou a imaxe de marca e puxo en valor os resultados dos traballos feitos nas campañas temáticas desta anualidade, sinalizando praias de surf e arenais salvaxes, roteiros para coñecer monumentos megalíticos e lugares onde poder realizar nas mellores condicións a observación do ceo nocturno e das estrelas, entre outros moitos lugares de interese.
O novo Mapa Turístico da Costa da Morte tamén incorpora ás empresas que forman parte de APTCM, entidade que representa a iniciativa turística privada. CMAT confía en que durante 2023 a Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte, que preside Pepe Formoso, rexistre un incremento “considerable” de socios, dada a aposta polo asociacionismo no sector e a cooperación público-privada na estratexia de desenvolvemento do territorio.
O convenio de colaboración con Turismo de Galicia, rubricado por Nava Castro e Mónica Rodríguez, permitiu executar e impulsar productos turísticos prioritarios reflexados no Plan Estratéxico de Turismo da Costa da Morte. Consolidou, por exemplo, o produto Naturalmente Salvaxe a través de campañas de promoción das praias para a práctica do surf e os arenais máis salvaxes, dos mellores lugares para a observación do astroturismo e o ceo nocturno e os lugares de maior valor xeolóxico.
No eido do patrimonio megalítico, a CMAT lanzou unha campaña para poñer en valor os recursos de maior interese turístico e cultural, incluíndo algúns que cun mínimo investimento para mellorar o seu acceso e sinalización, contribuirán a dotar de máis contidos os produtos turísticos de Tradicional e profunda e Máxica e espiritual. Costa da Morte Asociación T urística realizou unha análise e un estudo de campo dos monumentos megalísticos do territorio con expertos e profesionais da materia. Este traballo permitiu deseñar tres rutas polo xeodestino.
Os tres novos itinerarios, que poden ser consultados na web da CMAT visitacostadamorte, son a Ruta dos Menhires, Polos dolmens de Soneira e Bergantiños e Ruta do Corredor Megalítico. O primeiro propón un percorrido por Marco da Anta, Pedra da Moura, Pedra da Arca e Fuso da Moura. O segundo roteiro plantexa a visita a Pedra Vixía, Dolmen de Dombate, A Fornela dos Mouros, Mina de Recesinde, Arquiña de Vilaseco e Casota de Freáns. E o roteiro do Corredor Megalítico percorre Pedra Cuberta, Pedra Moura, Pedra de Lebre, Arca da Piosa, Arca do Rabós, Pedra da Arca e A Mina de Parxubeira. Estes traxectos tamén poden coñecerse nas redes sociais de Costa da Morte Asociación Turística de Instagram, Facebook e Twitter.
Durante o 2022 e por segundo ano consecutivo, a CMAT tamén de desenvolveu a campaña de Costa da Morte en familia. Dúas familias blogueiras (Escapalancia e T res hermanas y una monovolumen) visitaron o destino nos meses de setembro e outubro. Percorreron o 100 por cento do territorio e viviron as mellores experiencias adaptadas a este segmento. Todos os servizos turísticos empregados polas familias foron seleccionados entre as empresas socias de APTCM, co fin de visibilizar o sector e ir traballando na creación de produtos comercializables especialmente dirixidos ás familias e ao turismo de proximidade.
Costa da Morte Asociación Turística, tamén ao longo de 2022, deseñou novos elementos de merchandising para mellorar o seu posicionamento de marca tanto no territorio coma nos mercados exteriores, xa que serán levadas as principais feiras ou eventos turísticos aos que acuda a CMAT , sempre da man da Deputación da Coruña e de T urismo de Galic ia. Moito desde material serviu para promocionar as campañas Naturalmente salvaxe, Ven a ver as estrelas ao Fin do Mundo, Surf nas praias salvaxes ou Pegadas dos nosos antepasados. Para mellorar a calidade das publicacións de promoción turística nos medios online, CMAT asumiu a renovación de imaxes e do material audiovisual para a promoción nas redes sociais e outras canles. O primeiro vídeo editado, que pretende promover o turismo de inverno, foi presentado no II Encontro de Turismo da Costa da Morte, celebrado o pasado 29 de novembro en Caión. Esta xornada, cofinanciada tamén gracias ao convenio con Turismo de Galicia, xirou sobre os traballos desenvolvidos pola CMAT para a obtención do certificado Destino Turístico Starlight.