O Nadal vigués atrae nunha sola xornada a 53.000 vehículos

O Nadal vigués continúa a sumar fitos históricos: o luns 26 de decembro foron uns 53.000 os vehículos que accederon á cidade olívica, segundo as cifras facilitadas polo concello. Ese mesmo día, a ocupación hoteleira acadaba un 95% e os visitantes ateigaron espazos públicos, rúas e establecementos de hostalaría, unha demanda que segundo o alcalde, Abel Caballero, sitúa a Vigo como un referente en España e "en toda Europa".