O balnario de Berán abrirá as súas portas en primaveira, tras a segunda fase de reforma

 

O noveno recinto termal da provincia de Ourense, o balneario de Berán, abrirá as súas portas en primaveira, unha vez que remate a segunda fase de reforma que adecuará as necesidades á situación actual do termalismo. As obras comenzarán unha vez que remate o nadal. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou as instalacións acompañado polo alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; o presidente da entidade local menor de Berán, Avelino Carballal; e a vogal da entidade, Purificación Vázquez.
As obras acométense cos fondos propios da Deputación e do Plan de Sustentabilidade Turística en "Ourense termal", que lidera o goberno provincial de Ourense co apoio da Secretaría de Estado e de Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia. Unha vez rematadas, o espazo contará cunhas instalacións "superiores" e cun emprazamento estratéxico, a poucos minutos da capital da provincia. As súas augas mineromedicinais son de "excelente calidade", indicou o presidente da Deputación, e resultan apropiadas para doenzas hepáticas, respiratorias e da pel.
Os programas de balnearios que ofrece a Deputación Provincial incorporarán o recinto de Berán para o desfrute dos usuarios destes planes.
O Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal xurde por un convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense, a Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, por medio do cal se investirán máis de 3 millóns de euros entre 2022 e 2024. Así se avanzará na transformación competitiva dos 15 municipios rurais termais de Ourense.