O viño tostado é o nome do monográfico presentado onte pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega). O acto contou coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; do director da Evega, Juan Manuel Casares; e dos enólogos Manuel Castro e Marcos do Souto.