Luz verde á instalación de Aldi en Vialia de Pontevedra

 

A xunta de goberno local de Pontevedra deu hoxe luz verde á instalación de Aldi en Vialia de Pontevedra. En concreto, o Concello aprobou a licencia para que un supermercado da cadea abra as súas portas na contorna da estación de ferrocarril, con acceso nun lateral do edificio que tamén albergará a entrada ao cinema.
A voceira do goberno local, Anabel Gulías, calificou de "boas novas" que Aldi siga adiante co seu proxecto, posto que ademáis de recuperar un espazo que actualmente está en desuso polo peche de moitos dos seus locais, ofrecerá servizo a un barrio da cidade". 
A concesión da licencia motiva algúns cambios en establecementos que están abertos ao público, como é o caso do cinema. As obras tamén inclúen a reforma dos aseos públicos, que se retirarán uns cantos metros atrás da súa actual localización.