Gandeiros e agricultores terán reducións fiscais en gasóleo e fertilizantes



Como excepción ante o encarecemento dos costes de produción, os agricultores e gandeiros poderán acollerse a deducións no IRPF pola adquisición de gasóleo agrícola e de fertilizantes. Esta medida contémplase na orde do Ministerio de Facenda que desenvolve, para o 2023, o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Impuesto sobre o Valor Engadido.

O sistema de estimación obxectiva agraria é o maioritario entre gandeiros e agricultores, ao que se acollen voluntariamente cada ano uns 850.000 declarantes de toda España. Como principal novidade, inclúe a redución do 35 % do precio de adquisición de gasóleo agrícola e do 15 % do de fertilizantes.

Tamén se manteñen os índices aplicados excepcionalmente na declaración da renta do 2021 por pensos adquiridos a terceiros e por cultivos en terras de regadío que utilicen enerxía eléctrica. Igualmente, segue nos niveis do 2021 o índice por uso de electricidade para a rega, cunha redución dun 25 %.