Os productos agrogandeiros de Lugo foron os protagonistas de Jazztronomía, o espazo gastronómico no que a área de Medio Rural da Deputación de Lugo promocionou os alimentos lucenses no marco do Festival de Jazz &Blues de Ribadeo.
Unha carpa no Parque de San Francisco acolleu esta peculiar cita gastronómica, que contou con demotracións de cociña e con elaboración de bebidas e puxo en valor os produtos que se comercializan a través da plataforma de venda en liña Son de Lugo, tales como marmaladas, faba de Lourenzá, merluza do Pincho, conservas de verduras, xugos de froitas ecolóxicas, queixos das denominacións de orixe San Simón da Costa e Arzúa Ulloa, iougures de leite ecolóxico, mel, viño de Terras de Navia, cerveza artesá e infusións de colleitas locais.
A deputada de Medio Rural, Mónica Freire, valorou “o interese que xenerou a iniciativa entre todas as persoas que se achegaron a Ribadeo durante a fin de semana, que puideron coñecer de primeira man a calidade dos alimentos que se producen nas gandeirías e obradoiros alimentarios da provincia”.