A Deputación de Pontevedra vén de anunciar unha nova edición de En Ruta coa Depo, un dos programas da institución provincial con máis éxito entre a sociedade da provincia. Esta iniciativa ofrece alternativas de ocio e de tempo libre ás asociacións e entidades do territorio. Dende a súa primeira edición, no ano 2016, foron máis de 100.000 as persoas que percorreron lugares emblemáticos de Pontevedra. Para o vindeiro ano a oferta é moi ambiciosa, con 200.000 prazas e cun orzamento ascende a 480.000 euros.
Os participantes elixirán destino entre 33 rutas turísticas que transcorren por lugares de interese. A oferta de prazas abrangue tamén a persoas con risco de exclusións social, segundo recalcou hoxe a presidenta da institución provincial, Carmela Silva.