Dous ouros para Queinaga na Cata dos Queixos de Galcia


Queinaga obtivo dúas medallas de ouro na na Cata dos Queixos de Galicia, en Queixo Tetilla e Arzúa Ulloa; e unha Catadoiro en San Simón da Costa; Castelo en Cebreiro e Arqueixal en Arzúa-Ulloa curado. Pazo de Anzuxao levou 2 pratas, en Queixo Tetilla e Arzúa-Ulloa, e mesmo metal para Prestes en San Simón da Costa. Bronce para Daniberto, Bo-Queixo en Queixo Tetilla e Arzúa-Ulloa, respectivamente.

No caso da Cata dos Meles, os premiados foron, en meles Multiflorais: Meles J.S., Manuel Sante e Horta das Comeas, ouro, prata e bronce respectivamente; en Monoflorais: O Trobo mel do Valadouro, El Colmenar de Sara e Meles J.S.

O acto de entredas destes premios tivo lugar tivo lugar no pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón), onde conselleiro de Medio Rural, José González, que presideu a entrega, reafirmou o compromiso de toda a Xunta pola promoción e pola protección das producións de calidade de Galicia. Un compromiso que, salientou, plásmase na aposta por Galicia Calidade, que definiu como “a nosa marca de identidade”.

Nesta XXI Cata dos Meles de Galicia.participaron 33 marcas de 20 industrias; e na XXV Cata dos Queixos 43 foron as mostras presentadas a concurso e 30 as queixerías participantes.