Concurso de anteproxectos para a rehabilitación arquitectónica de Santa Clara para uso museístico

A Deputación de Pontevedra vén de anunciar na súa web o concurso de anteproxectos para a rehabilitación arquitectónica do convento de Santa Clara para uso museístico. O anuncio, que chega despois da cesión do inmoble e está a disposición do público na sede electrónica da institución provincial, contempla un investimento de máis de 1,8 millóns de euros a través de un contrato Sara, regulado polas normas de contratación da Unión Europea.

O interese da institución provincial é que as obras de rehabilitación se fagan nunha única tanda en lugar de diferentes fases, contando coa participación dos mellores arquitectos do mundo.