Bodas de prata do Craega



O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, inauguroua xornada conmemorativa do25 aniversario do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica (Craega). Na súa intervención, o director salientou o labor do consello regulador durante a súa traxectoria, velando polo coidado do medio ambiente e como elemento diferenciador no mercado.

Ademais da intervención do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a programación co gallo do 25 aniversario do Craega incluíu diversas charlas informativas e unha mesa redonda nas que se fixo balance e se analizaron as oportunidades da produción ecolóxica certificada en Galicia.

Concretamente, a xornada abordou temas como a situación da produción ecolóxica en España, a I+D+i ao servizo do sector agrario, a compra pública como oportunidade para a produción ecolóxica, a alimentación ecolóxica no Hospital Xeral de Valencia e a iniciativa Come Local como un exemplo galego de xestión viable nos comedores escolares, promocionando o uso de alimentos de calidade e de mercados locais.

Ademais, os xerentes de Daveiga e Casa Grande de Xanceda falaron dos seus casos de éxito e do pasado, presente e futuro do ecolóxico. Así mesmo, celebrouse unha mesa redonda acerca de emprenderen ecolóxico na que participaron representantes das entidades Burgo do Negral, Verín Biocoop e Alibos Galicia.

Cabarco sresaltou a importancia de equilibrar a produción alimentaria co coidado do medio natural, ao igual que o equilibrio entre o rendemento das producións en ecolóxico e o valor do produto no mercado, co fin de falar de sustentabilidade tanto no ámbito ecolóxico coma no económico. Unha tarefa que o Craega xa leva 25 anos levando a cabo. En definitiva, trátase dun claro caso de éxito no desenvolvemento dunha marca de calidade diferenciada que une todos estes valores nunha mesma certificación, segundo destacou.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria puxo en valortamén os números dos últimos anos en canto a superficie en ecolóxico en Galicia, que na última década tivo un crecemento do 127%. Así, pasouse de 14.167 hectáreas no ano 2010 a 32.209 hectáreas no 2021.

Salientou 0 director da Agacal que Xunta está impulsando non só os produtos ecolóxicos, a través do Craega, senón tamén os produtos quilómetro cero ou os distinguidos co selo de calidade Artesanía Alimentaria, así como o resto de industrias alimentarias galegas por medio doutras iniciativas que buscan a sustentabilidade económica, social e ambiental do sector. Deste xeito, medidas legais e de ordenación do territorio como a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia permiten favorecer a mellora da base territorial das explotacións e inciden positivamente na súa competitividade.