Sinxela pero emotiva a efeméride dun selo que cónmemora a a sua andaina comezada en 1997 con tres empresas, homenaxeadas neste vixésimo quinto aniversario da marca: Hijos de Rivera, Coren e Jealsa-Rianxeira. Tamén recibiron homenaxe outras empresas que seguiron a senda dás tres pioneiras: Avigal, Porto de Celeiro, Feiraco, Augas de Mondariz e Cabreiroá.
Vintecinco anos depois son 149 as empresas certificadas e máis de 750 produtos e servizos amparados por un selo que significa “especificación do territorio” e garantía de calidade. Estas empresas que teñen o selo de Galicia Calidade facturan na actualidade uns 4.150 millóns de euros ao ano.
Neste acto, con exposición de productos amparados, e degustación, recibiron homenaxe os xerentes da empresa pública nestes 25 anos de andaina: Belén Macías, Juan Blanco, Ignacio Louzao, Carlos Vila, Alfonso Cabaleiro e Ana Méndez.
Tamén o equipo de Galicia Calidade foi recoñecido: Javier de Miguel, María Nogueira, Belén Vidal, Beatriz Alcalde, Iván Fernández e Marta Varela.
Parabéns a todas as empresas, parabéns a Galicia. Galicia es Calidade…e os galegos debemos estar orgullosos do noso.