Apoio á Festa do Pan de Carral


O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Carral, Javier Gestal, asinaron o convenio que articula a colaboración da institución provincial coa Festa do Pan de Carral, que o pasado mes de maio celebrou o seu 18 aniversario e congregou a miles de persoas no municipio. Ao acto asisitiu tamén o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo.

A Deputación achega 40.000 euros para financiar, en colaboración co Concello, as diferentes actividades desta tradicional festa, que exalta un produto gastronómico no que Carral é referencia en toda a provincia.

"A Festa do Pan é máis que unha cita gastronómica, é unha referencia en toda a comarca que implica a todo un pobo e que celebra a tradición panadeira de Carral", afirmou o presidente da Deputación.