10.000 guías na procura da declaración pola Unesco do Xeoparque Cabo Ortegal


A candidatura para que Cabo Ortegal sexa declarado Xeoparque pola Unesco recibiu un novo pulo dende a Deputación da Coruña, que onte presentou a guía "20xvinte Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal". Distribuiranse 10.000 exemplares desta publicación en 30 establecementos dos concellos de Moeche, Ortigueira, Cedeira, Cariño, San Sadurniño, Cerdido e Valdoviño.
A Deputación, que traballa en colaboración cos sete concellos implicados na declaración de Xeoparque, agarda recibir boas novas ao respecto en primaveira, segundo se estimou no acto de presentación da guía, celebrada na Nave do Mercado de Moeche.
Ademáis dos recursos hostaleiros do territorio, a publicación incorpora recomendacións persoais de 20 embaixadoras e embaixadores que, coas súas suxestións, percorren as zonas máis destacadas do xeoparque.
Hoteis, casas rurais e vivendas de uso turístico distribuirán a guía, en cuxa presentación converxeron representantes da Deputación e dos concellos implicados. Tamén asistiron hostaleiros e hostaleiras da zona e os embaixadores e embaixadoras que colaboraron coa publicación, ademáis da directora de 20xvinte.