A cidadanía, o comercio e a hostalaría da cidade de Ourense son os beneficiarios do convenio de colaboración firmado entre o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome; a presidenta da Federación de Comercio, Beatriz Gómez; e o presidente da Confederación de Empresarios de Hostalería, Comercio e Turismo, Ovidio Fernández. O acordo permitirá a posta en marcha dun programa de bonos de 100 euros para dinamizar o consumo no comercio e na hostalería.
A achega do concello é de 10 millóns de euros que cubrirán á totalidade da poboación, que poderá consumir no comercio é a hostalaría local. Segundo se subliñou dende o concello, esta é a campaña máis importante de España en canto a este tipo de bonos de apoio.
Os bonos estarán en vigor dende o 1 de febreiro ata o 31 de marzo, despois do Nadal, unhas datas que o concello considera idóneas para desenvolver esta iniciativa.