As Xornadas da Centola volven ao Grove organizadas por Emgrobes e nas que colaboran tamén a Confraría de pescadores e a Confraría do Centolo Larpeiro. Comezan este próximo luns día 7 de novembro coa apertura da veda da centola e alongaranse ata o día 11 de decembro.
Emgrobes, para conmemorar a XX edición, pretende facer varias acción de promoción deste preciado crustáceo, incentivando desta maneira que se animen os visitantes a acudir nestas datas fora de tempadsa e que se faga turismo gastronómico en O Grove.
Así o luns día 7 realízase a primeira presentación para medios do cartel das xornadas e presentarase tamén o programa aos medios, autoridades, colaboradores e sector hostaleiro e turístico. Acompañará a todos unha famosa concursante de Masterchef. Será ás 11 da mañá no museo da Salga, en punta Moreiras, nun acto ao que asistirán representantes da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e o alcalde de O Grove, apoiando estas accións que implican a propia promoción do municipio dende o punto de vista gastronómico e turístico, intentando desestacionalizar o mesmo.
A partir de ese día Emgrobes levará a cabo outras presentación a nivel autonómico (Lalín) e estatal (Gijón) para animar ós turistas a que aproveiten estas xornadas para coñecer O Grove ou para disfrutar da súa maravillosa gastronomía, naturaleza e sobre todo da calidade e exquisited da centola.
Ademáis destas presentación, Emgrobes está organizando varios show cookings con degustación en diferentes días para que bloguers, medios de comunicación e expertos gastronómicos poidan degustar diferentes recetas cuio principal ingrediente sexa a centola do Grove. E realizarase pola Confraría de pescadores a tradicional subasta de centola macho e femia, sendo o recaudado para unha asociación sin ánimo de lucro.
A Confraría do Centolo Larpeiro animará as rúa con diferentes actos, todo elo acompañado de publicidade en medios, redes sociais e páxinas web para que se promova e se incentive o consumo nos restaurantes e hoteis locais que este ano son máis de 20 e que durante a maior parte das xornadas servirán centola elaborado de diferentes maneiras e menús especiais.